Explora Galicia xogando: 10 concellos, 10 aventuras
Unha experiencia de escape room ao aire libre, de balde, pensada para que descubras de forma divertida o patrimonio, historia e entorno de cada lugar.
Vilalba
🟠 Inicio na Praza da Igrexa
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
O Segredo dos Andrade (Vilalba)
Cabaleiros, revoltas e túneles ocultos: a historia dos Andrade non se conta, resólvese. Só quen supere as probas do Torreón poderá coñecer o enigma dunha familia que marcou Galicia a ferro e lume. Estás preparado para entrar no corazón dun castelo con historia?
Pontedeume
🟠 Inicio no Torreón de Andrade
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
Pontedeume Viva
Unha vila festiva… chea de segredos. Mómaros, bolos, cabezudos e tradicións que agochan pistas da historia de Pontedeume. Esta experiencia fainos revivir as Festas das Peras como nunca antes: xogando, rindo e descubrindo a alma dunha vila entre celebración e memoria.
Neda
🟠 Inicio na Igrexa de Santa María
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
Tesouros de Neda
Pan, muíños, tradición… e un segredo agochado entre fariña e historia. Viaxa no tempo para descubrir como Neda se converteu en referencia no Camiño Inglés, e desvela que fai tan especial ao pan que conquistou a corte de Felipe II. Unha aventura que che deixará bo sabor de boca.
Mondoñedo
🟠 Inicio na Praza da Catedral
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
As Chaves da Historia
Que segredos se agochan baixo os alicerces dunha das cidades máis históricas de Galicia? Nesta aventura cruzarás rúas simbólicas, descubrirás imprentas perdidas, lendas de mariscais e partituras esquecidas. Un reto para quen se atreve a abrir as portas do pasado.
Ribadeo
🟠 Inicio na Praza de España
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
Ribadeo Ilustrado
Atrévete a reconstruír a historia oculta dunha vila ilustrada. Entre pazos, cargadoiros e esculturas mariñeiras agóchanse as pistas dun pasado brillante que conecta o mar coas ideas. Unha aventura elegante e mariñeira que pon a proba a túa capacidade de observar, deducir… e recordar.
Viveiro
🟠 Inicio na Ponte da Misericordia
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
As Portas de Viveiro
A muralla de Viveiro fala… se sabes escoitala. Atrévete a descubrir o misterio das antigas portas, lendas escondidas en pedra e inscricións que ninguén mira. Un percorrido medieval onde cada pista te achega ao segredo que Viveiro leva séculos agochando.
Navia
🟠 Inicio na Praza do Concello
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
A Lenda da Deusa Navia
Serás quen de recuperar a xoia máxica que mantén o equilibrio da natureza? As esculturas que decoran Navia agochan un segredo ancestral: a Deusa Navia perdeu a súa Lágrima, e só ti podes atopala. Móvete entre arte e mitoloxía para salvar o río antes de que sexa demasiado tarde.
Ortigueira
🟠 Inicio na Aula Cemit
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
Ritmos de Ortigueira
Cada nota conta unha historia, e cada pista ten música. Desde a Escola de Gaitas ata o Festival do Mundo Celta, esta experiencia convida a descubrir Ortigueira a través do son, a emoción e o orgullo dunha vila que fixo da cultura folk un símbolo universal.
Pedrafita
🟠 Inicio na Casa Albaredo
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
A Luz Vermella no Monte
Ancares, 1943. O wolframio vale ouro e as noites están cheas de luces vermellas, disparos e segredos. Un manuscrito perdido pode cambiar a historia… se es quen de seguilo. Prepárate para unha misión clandestina chea de camiños ocultos, minas esquecidas e decisións a contrarreloxo.
Abadín
🟠 Inicio na Praza Campo da Feira
O EVENTO DE INUAUGURACIÓN XA PASOU, PERO PODES XOGAR PRESENCIALMENTE POLA TÚA CONTA
Feira dos Santos de Gontán
Explora Gontán seguindo as pegadas dunha das feiras máis emblemáticas de Galicia. Resolve enigmas que revelan historias de concursos de gando, artesanía e produtos da terra, e descobre por que esta cita leva séculos unindo á xente e mantendo viva a tradición.
TELÉFONO CON BATERÍA
CONEXIÓN A INTERNET
CALZADO CÓMODO
Os nenos e nenas menores de 12 anos deben estar acompañados dunha persoa adulta.
Envíanos un mensaje